Os meus pequenos textos feitos desde un territorio tan partillado que resiste ás topografías, como se non existira nos mapas, paisiño de minifundios que desaparecen coas escalas. Eses lugares refugallos que están porque se viven, porque os vivimos, e rexeitan as simples cartografías. Por iso prefero traducir a cuestión de to be or not to be como estar ou non estar. Por iso este sitio non ten mapa, porque non hai unha ruta senón momentos e deses momentos saen palabras.







segunda-feira, 2 de maio de 2011

Fotografía aérea dunha colmea

Cada quen mira o que quere mirar
formigas, muros, espellos, flashes publicitarios
escaparates e catálogos, cardiogramas
ríos que non acaban de pasar nunca,
paciencias alleas e inexcrutables,
monos, fotos, isobaras, arte
fogos artificiais, guerras televisadas,
pés, tetas, cús, ollos, prendas,
libros, chakras, landras, respetos,
revistas para que se luzan os exitosos
revistas para exhibir aos fracasados
análises,futbolistas, cultivos bacteriolóxicos
auras, pastillas, arceas, tebeos,
xanelas, follas, estampados, atallos,
AVEs,
cada quen co seu ollo,
cada quen cos seus lentes,
filigranas, ondas, orballo, amañeceres,
arañas, diamantes, encaixes, narices,
hologramas, receitas, rutas, vaixelas,
inflorescencias, amoríos, rescates,
ausencias, empates, rodicios,abellas

Sem comentários:

Enviar um comentário