Os meus pequenos textos feitos desde un territorio tan partillado que resiste ás topografías, como se non existira nos mapas, paisiño de minifundios que desaparecen coas escalas. Eses lugares refugallos que están porque se viven, porque os vivimos, e rexeitan as simples cartografías. Por iso prefero traducir a cuestión de to be or not to be como estar ou non estar. Por iso este sitio non ten mapa, porque non hai unha ruta senón momentos e deses momentos saen palabras.







quinta-feira, 20 de outubro de 2011

historia negra

Cando chove cinsa
e o fumo tapa por completo o sol
non temos medo de que arda o que nos rodea

temos medo, sí, medo negro que mancha as casas por dentro
pero temos tamén rabia, impotencia, unha pena enorme

porque non era esta a cinsa no vento da que nós falabamos
era outra
era a cinsa amable que sacamos fría da cociña
a cinsa do noso esforzo cotiá por manter
o monte vivo e o lume aceso
ese lume que non manca,
ese
que agarima ao convidado,
ese
que nos reúne na cociña.

Que aínda nos reúne na cociña
Que no ano 2011 en que o fumo tapou o sol durante dous días
en que chovía cinsa de lumes que non podiamos ver
nese ano 2011 que está marcado pola vergoña
aínda esperamos outra vez reunirnos na cociña.

¿que pensaremos entón do lume,
aquelo que sempre mirabamos con asombro e relixiosidade?

Ao lume quitáronlle o “l” e agora ven pintado
de Unidades Militares de Emerxencia
que chegaron cando xa ardera o impensable.

Non choro polas árbores perdidas.
Choro porque o monte e o ar respirable
non son algo que temos
senón o único que temos.

Eran o único que de verdade tiñamos.
O resto son malabares de ilusións
ao arbitrio de empresas de avaliación de riscos.

País triste, o que ten dúas bandeiras
e unha é a do loito.
Ata cando, Galicia, será o loito
o signo da nosa historia?

2 comentários:

  1. en verdade si que é o único que temos....

    ResponderEliminar
  2. EDITORIAL PORTILLA FOUNDATION
    Lo invitamos a unirse a la EDITORIAL PORTILLA, una editora sin fines de lucro, las ganancias de la editorial serán invertidas en la lucha contra la Diabetes. Aquí los escritores podrán publicar sus obras por el Internet y en las cadenas de librerías en los cinco continentes sin costo alguno. No rechazamos a nadie porque creemos que todo pensamiento merece ser preservado para las futuras generaciones. Todos los escritores recibirán en 50% de las ganancias por el Internet y el 10% por las ventas en las librerías. Tenemos varias convocatorias para concurso. Visite nuestra página web: www.editorialportilla.com o envíenos un correo a: editorialportilla@hotmail.com
    Saludos Cordiales; Dr. Oxel H. Portilla: Presidente.

    ResponderEliminar